Centro de Ocio "El Puerto" ou de como A Coruña perdeu os papéis...
� Em mais um fim-de-semana em A Coruña sofri o desgosto de frequentar o novo Centro de Ocio El Puerto. Simplesmente abominável. E faço minhas as palavras de um site galego e em galego, www.vieiros.com:
"o venres celebrouse na mariñeira cidade da Coruña a apertura dun chamado "Centro de Ocio" co nome de "El Puerto" (en castelán). "El Puerto", que máis ben parece un aeroporto, construíuse a carón dun Pazo de Congresos tamén acabado de estrear. O "conxunto urbanístico" localízase en pleno centro da Coruña, fronte às súas Galerías senlleiras, detrás de edificios modernistas e a carón do que hai pouco tempo era o porto pesqueiro. Claro que o peixe cheira a peixe e a sal; o "Centro de Ocio" a cartos e a graxa animal.
O "Centro de Ocio El Puerto" non admite valoración. Un espantallo de tal magnitude non merece un adxectivo, só unha repulsa. O "Centro de Ocio El Puerto" representa o imperio do cemento, do plástico, do Burger e do popcorn sobre o mar, a pedra, o aire e a tradición. O "Centro de Ocio El Puerto" simboliza a política do home-show, do líder único, do mercader dos "votos chandal". O "Centro de Ocio El Puerto" reúne nun espazo o peor dos peores centros comerciais, e faino agochando o mar, ao que se chega tras abrir dúas portas batentes e traspasar un enxamio de mesas, cadeiras e lixo sobre o chan. Aló, na trastenda, queda o mar cantado por Martín Códax, por Alberti, por Serratí o mar engaiolado tras unha verxa arrepiante, o mar, onde queda o mar? Os borregos tamén queremos ver o mar.
O "Centro de Ocio El Puerto" é un monumento pailán e hortera construído no delirio dunha suposta modernidade mal entendida, cutre e vulgar que deturpa unha cidade co privilexio de integrar o mar no seu casco histórico. Non quixera comparar pero comparo o "Centro de Ocio El Puerto" coas zonas marítimas de Alicante ou Barcelona onde o mar é venerado como patrón dos establecementos nelas instalados.
A nova Galicia ten que demostrar ao mundo que o seu goberno caeu en mans de xentes de ben, sabedores de que os caprichos e ideas nefastas dos próceres perennes nunca máis prosperarán ante o funcionamento racional das súas institucións democráticas.
Penso na miña cidade, na Coruña, e nos millóns de euros gastados ou por gastar nas terrazas de esmalte nas prazas señoriais, nos obeliscos de Nadal, nos ascensores para subir aos parques (!), nos trenes chu-chú, nas estatuas aos beatles, nos tramos de paseo marítimo que non conducen a ningures, que non recuperan barrios, que non producen zonas residenciais, que só pavimentan a beira do mar. Penso neses dispendios millonarios e innecesarios e imaxino os proxectos innovadores que se poder�an ter promovido, as iniciativas emprendedoras que se poderían ter apoiado, nas experiencias investigadoras que se poderían ter auspiciado, nas actuacións medioambientais que se poderían ter propiciado, e pido que a nova Galicia, esa que principiou o pasado martes día 2, consiga administrar con lealdade e intelixencia os seus recursos de cara ao ben común.
Por suposto, no "Centro de Ocio El Puerto" non atoparán nin unha soa palabra na lingua do país. Se cadra porque é a lingua da pedra e tamén a lingua do mar."
Etiquetas: espanha
1 Comments:
Clásica paletada del faraón Paco Vázquez.
Enviar um comentário
<< Home